Sunday 28 de April de 2024

XIII Ruta do Nadal BTT


A vindeira edición da Ruta do Nadal BTT celebrarase o vindeiro domingo 7 de xaneiro con saída e chegada dende o Complexo Deportivo A Fieiteira.

O Concello de Ribeira organiza esta ruta en colaboración coa asociación de veciños de Carreira, Arousa Neo, Os Saltamontes Sportbike e Dalle Pedal, co propósito de “dar a coñecer algúns dos enclaves naturais do noso territorio á vez que se fomentan os valores deportivos” explicou o concelleiro de deportes Xabier Vidal.

Na actividade facilítase unha toma de tempos pero será única e exclusivamente a nivel informativo; non acadando premio ou trofeo algún segundo orde de chegada. Dende a organización poranse dous avituallamentos en ruta, dous trazados con distintas distancias e dous puntos de apoio mecánico para calquera avería.

Os participantes poderán escoller entre dous percorridos (30 e 50km) con diferentes niveis de dificultade. As inscricións están abertas ata o vindeiro 4 de xaneiro ás 11:00 horas e poderanse facer na páxina www.cronotec.es.